"Ama y haz lo que quieras. Si callas, callarás con amor; si gritas, gritarás con amor; si corriges, corregirás con amor, si perdonas, perdonarás con amor"



Tácito








sábado, 28 de mayo de 2011

Utopía (por Eduardo Galeano)
Ella está en el horizonte.
Me acerco dos pasos,
ella se aleja dos pasos.
Camino diez pasos
y se corre diez pasos más allá.
Por mucho que camine,
nunca la alcanzaré.
-¿Para que sirve la utopía?
-Para eso:
para caminar.

jueves, 12 de mayo de 2011

Autorretrato

Adoito presentarme cun sorriso
de xeito que semella que son leda.
Bebo soa a copa dunha sombra
e teimo en ocultala tras os dentes,
mais todas as feridas me fan marca
e teño cicatrices nos meus soños.
(………)

Quen se esconde detrás da miña sombra
xa ten un capital de vellos soños,
tamén lle viu ao lobo os irtos dentes,
mais ela escorrentouno cun sorriso.
O lobo ten pavor á xente leda
e non traspasa os lindes que lle marca.
……….
Marica Campo
Sextinario: trinta e seis + tres
Era Balbino,
un rapaz de aldea, un neno,
un ninguén con fame e con remendos,
aturando
mancaduras no coiro e no carrelo,
tripando lama, sorralleiras, croios,
tripando esterco.

Era Balbino,
fillo de caseiros,
que soñou andar mundo,
que soñou desperto
anque se vía coutado por ser pobre,
polo seu vivir cativo, estreito,
e tiña de sí mágoa
e tamén algún medo.

…………………
Xosé Neira Vilas
Poesía recadada

domingo, 8 de mayo de 2011

O poema

Un poema é un ser vivo que anda,
respira, soña, chora, salouca,
ama, berra, cintila, escurece,
cala, aborrece a mentira,
sente odio e tenrura, desángrase,
fala de intimidade a intimidade
coas cousas e coa xente, suxere
mundos posíbeis e imposíbeis,
sua, cansa, sofre sede e fame,
adoece, agoniza. E nunca morre.

Manuel María
A luz resucitada